Trátase dunha iniciativa da Asociación de Concellos do Camiño Inglés para crear unha rede de establecementos turísticos que aposten pola excelencia e a calidade na atención ao peregrino. A rede, apoiada pola Deputación da Coruña, botou a andar oficialmente este mércores despois da entrega das placas identificativas aos 30 primeiros locais, inicialmente restauración e aloxamentos, por parte do presidente da Asociación, Manuel Mirás, o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o deputado Antonio Leira nun acto que tivo lugar no Pazo de Mariñán. A Asociación do Camiño Inglés está constituída por dezaseis concellos polos que transcorre esta ruta xacobea: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela.
40