Botou a andar en Dombate o programa «Música na Catedral»

1 minutes read

O Dolmen de Dombate, máis tamén o Forno do Forte son escenarios privilexiados da Costa da Morte na nova proposta da área de Patrimonio da Deputación da Coruña que quere promocionar e poñer en valor os principais bens patrimoniais cunha programación musical acaída aos distintos espazos.

A protección do patrimonio e o cumprimento escrupuloso de medidas de protección son dúas das claves de esta iniciativa que botou a andar cun concerto no que soaron os violíns de Ruslan Asanov e Dasha Pankratova, e que puxeron o punto de partida ao ciclo «Musica na Catedral» que leva ao Dolmen de Dombate concertos de pequeno formato música clásica nun escenario único polo seu valor patrimonial.

É o punto de partida dunha liña de dinamización e posta en valor do importantísimo patrimonio da Deputación da Coruña que ten como obxectivo promocionar o patrimonio por medio da cultura ao vivo de maneira integradora», explica o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas.