Bouteflika, o presidente de Alxeria, dimitirá antes do 28 de abril

1 minutes read

O actual presidente de Alxeria, Abdelaziz Bouteflika, anunciará a súa dimisión antes do 28 de abril por “problemas de saúde”, segundo comunicou a Presidencia. E con el, tamén expira o seu cuarto mandato, despois de semanas de protestas nas que a poboación pedía o cese do seu cargo debido á crise na que está o país.

No comunicado ofrecido pola Presidencia, tamén aseguran que o dirixente adoptará “medidas importantes para garantir a continuidade do funcionamento das institucións do Estado durante o período de transición”. Segundo a Constitución, ese período de transición -inédito na historia de Alxeria- debe ser tutelado polo presidente do Senado, Abdelkader Bensalah, quen deberá convocar eleccións presidenciais nun prazo de noventa días.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?