Brais Pereiro incorpórase á portería do Bergantiños F.C.

Luciano Calvo e Brais Pereiro, durante a presentación e a firma do contrato.

Brais Pereiro Troncoso chegou a un acordo co Bergantiños FC para incorporarse esta tempada á portería do equipo carballés. O gardameta, natural de Porriño e de 29 anos de idade, conta cunha ampla experiencia en Segunda División B, chega procedente do Unionistas de Salamanca, tras o seu paso por Coruxo, Racing de Ferrol, Alondras, e o Rápido de Bouzas, onde foi nomeado o mellor xogador do equipo durante o ano 2018. Este venres foi presentado en Carballo polo presidente da entidade deportiva, Luciano Calvo Pumpido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha