35
Brais Pereiro, exporteiro de Unionistas de Salamanca, comprometeuse co Bergantiños para xogar a nova tempada en Terceira División. Deste xeito, o gardameta, de 29 anos de idade, regresa á súa terra e baixa de categoría, tras oito tempadas en Segunda B. A última estivo en Unionistas, áxil baixo paus, valente e moi completo. “Estou moi contento de fichar polo Bergantiños”, declarou. “Teño moitas ganas de empezar e moita ilusión por este proxecto. Faremos todo o posible porque este ano sexa o do desexado ascenso a Segunda B”.