Brasil | Máis de 40 mortos na colisión entre un autobús e un camión

Polo menos 41 persoas faleceron este mércores e polo menos outras dez resultaron feridas no estado de Sao Paulo debido á colisión entre un autobús que transportaba un grupo de empregados e un camión, considerado como un dos peores accidentes de tráfico do último lustro no Brasil.

O Corpo de Bombeiros informou que 37 persoas morreron no lugar da colisión e outros catro pasaxeiros faleceron en hospitais da rexión debido ás graves feridas. O accidente produciuse nunha zona de difícil acceso na estrada Alfredo de Oliveira Carvalho, á altura da localidade Taguaí, a uns 350 quilómetros da capital paulista e preto da fronteira co estado de Paraná.

O gobernador do estado de Sao Paulo, Joao Doria, lamentou o ocorrido, prestou a súa solidariedade aos familiares das vítimas e anunciou un grupo de traballo intensivo para auxiliar nos labores de identificación das vítimas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha