Brasil rexistra 1.800 mortos por covid nun día


Brasil rexistra a súa semana máis mortífera desde o inicio da crise sanitaria e suma 1.800 mortos por coronavirus nun día. Con máis de 75.000 casos diarios, o país está ao bordo do colapso. Convertido nun dos epicentros mundiais da pandemia, Brasil, con 212 millóns de habitantes, é o segundo país do mundo con maior número de decesos despois de Estados Unidos, e o terceiro en número de casos, por detrás de EE.UU. e a India. As autoridades de Río de Janeiro impuxeron máis restricións para evitar contaxios. En Brasil, máis de 9 millóns e medio de persoas pasou o coronavirus, preto dun millón está baixo tratamento médico.