Breve detención do opositor cubano Guillermo Fariñas

1 minutes read

Guillermo Fariñas, Premio Sájarov do Parlamento Europeo, foi detido na súa casa da cidade de Santa Clara sen que fose informado da causa. Foi liberado horas despois sen cargos. De 59 anos, Guillermo Fariñas encabeza a ilegal Fronte Antitotalitario Unido. Recibiu en 2010 o Premio Sájarov do Parlamento Europeo pola loita en favor dos dereitos humanos.

É coñecido tamén polas numerosas folgas de fame que mantivo en protesta contra o sistema de partido único en Cuba. A última delas, a número 25, prolongouse 54 días en 2016 para pedir ao Goberno da illa o cesamento da represión contra os disidentes.

Tamén foron detidos durante varias horas varios blogueiros e disidentes a algúns dos cales lles aconsellaron que se fosen do país. As detencións prodúcense dous meses despois das inéditas protestas do 11 de xullo en Cuba, cando miles de habitantes saíron á rúa coreando lemas contra o goberno.

O Goberno de Cuba, considera aos opositores «contrarrevolucionarios» e «mercenarios» ao servizo dos intereses de Estados Unidos.