Os Concellos de Brión e Ames poderán desenvolver un quinto obradoiro dual de emprego en enerxías renovables. Así o confirmou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, durante o acto de clausura do obradoiro dual de emprego Renova IV, celebrado na Casa da Cultura de Bertamiráns. Así mesmo, asegurou que a Xunta vai atender a solicitude feita polos Concellos para que estes obradoiros teñan unha duración de 12 meses e non 9 meses como o clausurado este martes. No obradoiro Renova IV tomaron parte vinte alumnos e alumnas de Brión e Ames durante os últimos nove meses. Foi sufragado pola Consellería de Economía Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, cunha inversión de 346.946 euros, e con achegas municipais dos Concellos de Ames e Brión por valor de 87.696 euros.
18