Brión incorpórase á Rede Provincial de Espazos de Coworking

1 minutes read

A terceira planta da área comercial de Monte Balado, en Brión, acolle dende este venres o segundo centro en funcionamento da Rede de Espazos de Coworking que impulsa a Deputación na provincia da Coruña e que xa conta cun centro funcionando a pleno rendemento no Pazo de Arenaza en Oleiros. A adaptación deste espazo para convertelo nun centro de traballo colaborativo para a transformación de produtos do sector primario supuxo un investimento de 213.266 euros. O centro está situado nun enclave estratéxico da parroquia de Os Anxeles, na estrada que comunica Santiago con Noia e a 300 metros da autovía Santiago-Brión e do corredor Brión-Noia.