Brión pecha os obradoiros de mente activa e ximnasia cunha viaxe a Celanova e Bande

1 minutes read

Os 40 maiores de Brión que participan ao longo do ano nas actividades de ximnasia e do obradoiro mente activa celebraron a fin de curso cunha viaxe a Celanova e Bande, que tivo lugar este sábado 10 de xuño. A expedición, guiada pola súa mestra Elena Remesar, visitou lugares como o mosteiro de Celanova, a capela de San Miguel de Celanova e as ruínas do Aquis Querquennis, un complexo arqueolóxico romano formado por un campamento e unha mansión ás beiras do río Limia.

Con esta viaxe, o Concello de Brión recupera a total normalidade nas súas actividades para maiores de 60 anos. Se o ano pasado xa se desenvolveran sen ningún tipo de problema, o curso pechouse simplemente cunha festa de fin de curso, xa que esta tradicional excursión non se celebraba dende o ano 2019.