Brión retoma os “Encontros coa arte”, que reunirán a 24 artistas de toda España

2 minutes read

Os “Encontros coa Arte” volven a Brión. Do 17 ao 19 de xuño, un total de 24 pintores, fotógrafos, músicos e escritores de toda España compartirán as súas técnicas e coñecementos coa veciñanza nunha reunión que servirá de homenaxe a Laxeiro.

Ademais, paralelamente terán lugar diversas actividades culturais abertas a toda a veciñanza como a inauguración da exposición coas obras doadas no XIV Encontro coa Arte, que terá lugar na sala municipal de exposicións o venres 17 de xuño, ás 21:30 horas. Así mesmo, o sábado 19, ás 21:00 horas, o centro social polivalente acollerá “Amada Rosalía”, un concerto de Xoán Eiriz baseado no disco gravado na honra de Rosalía de Castro e inspirado na obra do poeta ourensán Suso Díaz, que consta de 85 poemas en homenaxe á poetisa.

Durante toda a fin de semana, na sala municipal de exposicións estará aberto un Mercado da Arte onde o público que o desexe poderá visitar e/ou mercar obras dos distintos artistas participantes nos Encontros. Este Mercado da Arte estará aberto o venres (16:30 a 21:00 horas), o sábado (de 9:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas) e o domingo 17 (de 9:30 a 13:30 horas).

Así mesmo, todos os rapaces e rapazas de entre 4 e 17 anos que desexen compartir a xornada de pintura da mañá do sábado 18 de xuño con estes grandes artistas poderán facelo participando no IV Concurso de Debuxo e Pintura, que terá lugar de 9:30 a 14:00 horas no paseo do Río Pego. Haberá tres categorías e as obras poderán ser realizada con total liberdade de técnicas, materiais e temática, sempre que se presenten nun tamaño non inferior a un folio DIN A4.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?