Este próximo sábado no Teatro Principal (19.00 horas), un concerto de Troianos de Compostela poñerá o broche ás celebracións do trixésimo aniversario do Museo Casa da Troia. A agrupación musical de pulso e púa, gaita e percusión do museo ofrecerá pezas do seu disco “Viva Galicia! A música no tempo da Casa da Troia”. O actor e guía Suso Martínez será o encargado de facer de narrador, interpretando ao personaxe de Casimiro Barcala, un papel que desempeña desde o ano 2017 nos Roteiros Troianos que organiza cada ano o museo, e que tamén interpretou no concerto que Troianos de Compostela ofreceron o pasado mes de febreiro no Teatro Colón da Coruña. O concerto deste sábado é gratuíto, coa posibilidade de realizar donativos voluntarios de 5 euros que se recollerán nos despachos de billetes.
26