Broche ao 30 aniversario do Museo Casa da Troia con Troianos de Compostela

Troyanos de Compostela.

Este próximo sábado no Teatro Principal (19.00 horas), un concerto de Troianos de Compostela poñerá o broche ás celebracións do trixésimo aniversario do Museo Casa da Troia. A agrupación musical de pulso e púa, gaita e percusión do museo ofrecerá pezas do seu disco «Viva Galicia! A música no tempo da Casa da Troia». O actor e guía Suso Martínez será o encargado de facer de narrador, interpretando ao personaxe de Casimiro Barcala, un papel que desempeña desde o ano 2017 nos Roteiros Troianos que organiza cada ano o museo, e que tamén interpretou no concerto que Troianos de Compostela ofreceron o pasado mes de febreiro no Teatro Colón da Coruña. O concerto deste sábado é gratuíto, coa posibilidade de realizar donativos voluntarios de 5 euros que se recollerán nos despachos de billetes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha