A presidenta da Comisión Europea entregou en persoa durante a súa visita ao presidente Zelenski un cuestionario que permitirá a Ucraína avanzar na obtención do status de candidato a entrar na UE. Ursula von der Leyen destacou que a UE axudará a Ucraína para que a tramitación dure semanas. Engadiu que Rusia sumirase na decadencia económica, financeira e tecnolóxica, mentres que Ucraína marchará cara a un futuro europeo. Von der Leyen, prometeu ao presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, que a Unión Europea axudará a Ucraína en todo o posible para probar os crimes de guerra que se cometeron na cidade de Bucha e tamén en todo o país, e asegurou a Zelenski que Rusia e Putin pagarán por eses crimes de guerra. Bruxelas destinou máis de 7 millóns de euros para que Ucraína poida solicitar as probas. Entre elas, cuestións como o mísil balístico ruso que segundo o gobernador de Donetsk impactou este venres na estación de tren de Kramatorsk e que provocou a morte de polo menos medio centenar de persoas civís.
43