Bruxelas acorda que se poida restrinxir puntualmente a mobilidade fronteiriza

1 minutes read

Os países da Unión Europea (UE) acordaron que cada estado membro poderá restrinxir a mobilidade nas súas fronteiras internas se a situación sanitaria o require. Esta decisión tamén se aplica para as fronteiras externas da UE. Con todo, este control fronteirizo non afectará a libre circulación dentro do espazo Schengen. Un compromiso dos membros do bloque comunitario para manter o bo funcionamento do mercado interior. Tamén acordaron reforzar a capacidade de diagnóstico da Covid-19 cos test de antíxenos, máis baratos e rápidos que as PCR pero menos fiables, e dotáronse dun marco común para o recoñecemento desas probas no conxunto da UE.