Bruxelas aproba o plan de recuperación de España


A Comisión Europea (CE) aprobou este mércores o plan de recuperación e resiliencia de España, o segundo autorizado por Bruxelas tras o visto e prace de Portugal, un paso necesario para que o Goberno reciba os 69.500 millóns de euros en axudas directas preasignadas -o resto ata os 140.000 millóns, en forma de créditos, aínda non foi solicitado-. A decisión definitiva, que se coñecerá “antes de agosto”, abrirá a porta a que España poida acceder este verán a un anticipo de 9.000 millóns e outros 10.000 millóns a final de ano.