Bruxelas dá un paso máis para instaurar o salario mínimo europeo

A Comisión Europea quere dar un novo impulso ao proxecto de salario mínimo europeo. Considera que é un elemento esencial para a recuperación económica e tamén para garantir que todos os traballadores poidan gañarse a vida dignamente.

Esta semana abriu unha segunda rolda de consultas cos interlocutores sociais.

“Necesitamos aumentar a demanda para saír da crise que imos afrontar a raíz do Coronavirus. E para facelo debemos asegurarnos de que as persoas teñen diñeiro para gastar e de que as persoas con salarios baixos gastan máis porque teñen o salario para facelo”, explica Esther Lynch, da Confederación Europea de Sindicatos.