41
A Comisión Europea quere dar un novo impulso ao proxecto de salario mínimo europeo. Considera que é un elemento esencial para a recuperación económica e tamén para garantir que todos os traballadores poidan gañarse a vida dignamente.
Esta semana abriu unha segunda rolda de consultas cos interlocutores sociais.
“Necesitamos aumentar a demanda para saír da crise que imos afrontar a raíz do Coronavirus. E para facelo debemos asegurarnos de que as persoas teñen diñeiro para gastar e de que as persoas con salarios baixos gastan máis porque teñen o salario para facelo», explica Esther Lynch, da Confederación Europea de Sindicatos.