A Comisión Europea non descarta que este verán se poida viaxar. En breve publicará unha serie de recomendacións para que os países da Unión Europea actúen de maneira coordinada á hora de levantar as restricións de viaxe e os controis fronteirizos. Pero, segundo se filtrou, impoñerá unha serie de condicións. No país de acollida, o número de infeccións debe manter a tendencia á baixa e os hospitais deben ter capacidade para atender pacientes. En canto aos viaxeiros, deben proceder dunha zona de baixo contaxio e, eventualmente, poderían ser sometidos a un test. Polo momento tan só se prevee a apertura das fronteiras internas, para favorecer as viaxes dentro da Unión Europea. E o obxectivo da Comisión non é só que os cidadáns europeos poidan gozar das súas vacacións. Está en xogo un sector que representa o dez por cento do produto interior bruto europeo.
32