35
O vicepresidente da Comisión Europea (CE) para Relacións Interinstitucionais, Maros Sefcovic, esixiu este xoves ao Reino Unido que retire antes de final de mes a lei coa que quere modificar a salvagarda acordada para Irlanda do Norte, que aos seus ollos pon en risco o acordo de paz na rexión. Sefcovic advertiu de que os plans do Goberno británico «danaron seriamente a confianza» entre o Reino Unido e a Unión Europea, que continúan negociando un pacto que detalle a súa futura relación unha vez conclúa o período de transición do Brexit, o 31 de decembro.