A Comisión Europea arremetiu contra o xigante farmacéutico AstraZeneca polos atrasos na entrega de vacinas. A comisaria de Saúde, Stella Kyriakides, lémbralle que, por encima de todo, ha de cumprir coas súas obrigacións morais, sociais e contractuais. “Non poder garantir a capacidade de fabricación vai en contra do contrato e do espírito do noso acordo. Rexeitamos a lóxica de que o que primeiro chega primeiro se serve. Iso pode funcionar na carnicería do barrio, pero non nos contratos nin no noso acordo de compra anticipada”. O director xeral de AstraZeneca afirmou que acordara un compromiso de que faría todo o posible, pero non un compromiso firme de subministración. Algo que a UE tamén discute, argumentando que as vacinas que se fabriquen no Reino Unido, tras os fallos nun centro de produción en Bélxica, deben enviarse á UE. Polo momento, AstraZeneca só afirmou que non pode fornecer unha cuarta parte do número previsto de vacinas nos tres primeiros meses deste ano. No medio do envurullo, os eurodeputados piden máis transparencia a ambas as partes.
22