Bruxelas garante a subministración de gas procedente de Ucraína

A Comisión Europea (CE) quixo restar importancia este mércores ao repentino corte do tránsito de parte do gas ruso que flúe por Ucraína cara á Unión Europea. A pesar de considerar que pode ter un certo impacto, aseguran que non xerará «ningún problema inmediato para a seguridade de subministración». Kiev detivo o fluxo de gas a través da estación de Sojranovka, situada nunha zona da rexión de Lugansk, no leste do país, que está controlada polas tropas rusas. O operador do sistema de tránsito de gas de Ucraína, GTSOU, explicou que non dispón de control operativo ou tecnolóxico sobre a estación e propuxo, como alternativa, redirixir o fluxo do combustible a través doutro punto de interconexión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha