25
A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, anunciou o novo obxectivo de redución de emisións do bloque: un 90% de diminución de gases de efecto invernadoiro en 2040.
Pero esta novidade veu con outro anuncio menos postivo para o medio ambiente. A presidenta retirou a nova lei de redución de uso de pesticidas tras as protestas dos agricultores.
O chamado Regulamento de Uso Sostible, coñecido polas súas siglas SUR, pretendía reducir á metade o uso de praguicidas para 2030. Tamén propoñía a prohibición total destes produtos en zonas sensibles, como os espazos verdes urbanos e os lugares Natura 2000, e promovía a adopción de alternativas de baixo risco.