Bruxelas non permite que as aerolíñas non reembolsen as viaxes canceladas pola pandemia

Expediente da Comisión Europea contra Grecia e Italia por permitir que as súas compañías aéreas e marítimas non reembolsen aos seus pasaxeiros. Bruxelas non acepta que as empresas ofrezan bonos e non accedan a devolver o diñeiro das viaxes canceladas durante a pandemia. «Grecia e Italia, adoptaron unha lexislación que permite ás compañías aéreas ofrecer cupóns como única forma de compensación, o que vai en contra da directiva de Dereitos dos Pasaxeiros, que establece claramente que estes teñen dereito a elixir serun reembolso en lugar dun vale», sinala Stefan de Keersmaecker, Portavoz de Tranportes na Comisión. Atenas e Roma teñen dous meses para responder á «notificación formal» enviada por Bruxelas. De non facelo, poderían ser multados. A Comisión tamén enviou cartas polo mesmo motivo a operadores de turismo de dez países membros: República Checa, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Croacia, Lituania, Polonia, Portugal e Eslovaquia. A Asociación Europea de Consumidores (BEUC) aplaude a decisión. Nun comunicado de prensa afirmaron que agora “está en mans dos gobernos asegurar que as persoas que o necesiten sexan reembolsadas e restaurar a confianza no sector das viaxes e o turismo”. Tamén declararon que permanecerán vixiantes e seguirán de preto as reaccións dos Estados Membros».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha