Bruxelas pide a España máis prudencia ante a débeda pública


A sustentabilidade da recuperación económica volve estar en dúbida ante a chegada dunha nova onda da pandemia e o aumento das medidas en todo o continente. Con todo, o comisario europeo de Economía, Paolo Gentiloni, cre que o peor xa pasou. »Non debemos subestimar o aumento das infeccións pero non debemos pensar que o impacto económico destas novas infeccións podería ser o mesmo ou comparable ao que tivemos o inverno pasado, porque temos vacúas e agora hai unha relación diferente entre a economía e a pandemia» , asegurou o comisario.

Na súa revisión anual dos orzamentos dos Estados membros, Bruxelas pediu ser prudentes a países como España, Grecia, Italia e Francia, que contan cunha débeda elevada. A Comisión pide que se centren no crecemento e vixíen co gasto. As advertencias chegan xusto cando a Comisión Europea está a empezar a revisar o Pacto de Estabilidade e Crecemento, nun debate que se prevé que reavive as vellas tensións entre Norte e Sur. As regras fiscais europeas levan suspendidas desde 2020 pola pandemia e non se espera que se reintroduzan ata 2023.