Bruxelas pide que o Nadal non descontrole a pandemia

A Comisión Europea quere que os estados membros sigan coas restricións durante todo o inverno, ata que haxa unha vacina. «Se non somos coidados, se non practicamos o autocontrol e a disciplina, se nos relaxamos demasiado rápido e se non aproveitamos este período relativamente máis estable para prepararnos, teremos máis casos, máis mortes e máis peches. Isto xa o sabiamos en xullo e sabémolo agora, pero esta vez temos a oportunidade de facer as cousas de maneira diferente», explicaba Stella Kyriakides, Comisaria europea de saúde e seguridade alimentaria.

Entre as medidas que a Comisión desea adoptar este inverno inclúense:

  • Un sistema de seguimento dos contactos a nivel europeo.
  • Mecanismos nacionais para distribuir as vacinas.
  • Reforzo do persoal sanitario.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha