A Comisión Europea ten previsto denunciar a España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) por incumprir a normativa europea de calidade do aire en lugares como Madrid, Barcelona e Llobregat (Cataluña).
Ao parecer nestas zonas excédense os niveis máximos de dióxido de nitróxeno establecidos na Comunidade Europea no ano 2008.
En maio do 2018, Bruxelas decidiu non levar a España ante o TXUE por exceder os límites de contaminación do aire xa que o país mostrara medidas para atallar o problema, entre elas: a creación de Madrid Central.
Por que sanciona a UE a España agora?
Madrid Central é un plan do Concello de Madrid que entrou en vigor o pasado 30 de novembro restrinxindo o tráfico no centro da capital e paralizar unha sanción. Con todo, tras a paralización de Madrid Central coa chegada ao Goberno madrileño do novo alcalde do Partido Popular, José Luis Martínez Almeida, Bruxelas perdeu a confianza en que España poida mellorar as emisións de NO2 (dióxido de nitróxeno) rexistradas.
Desde a Plataforma de Defensa de Madrid Central aseguran que a denuncia de Europa está relacionada co ocorrido no último mes. Yetta Aguado, a portavoz, asegurou a Euronews que desde o Concello «onte lanzaron un argumentario con datos retortos para escusarse, pero seguen botando balóns fóra».
O responsable de Movilidade de Greenpeace, Adrián Fernández, cre que esta situación política «minou a confianza dos comisarios europeos que non se fían dun Concello que a día de hoxe non puxo un plan alternativo encima da mesa».
Fonte: Euronews