Bruxelas quere incrementar os exercicios navais conxuntos dos países da UE

Todo iso débese ante o aumento das ameazas a infraestruturas críticas no ámbito marítimo, como parques eólicos mariños, cables de comunicación submarinos e oleodutos, ou as explosións que afectaron o gasoduto Nord Stream 2 en setembro de 2022. O pasado mes de marzo varios gobernos europeos detectaron actividades sospeitosas de espionaxe por parte de buques rusos no Mar do Norte (Países Baixos, Bélxica, Dinamarca e Suecia). «Os riscos son moi realistas porque vimos o que sucedeu coa infraestrutura de Nord Stream e aínda a investigación está en curso con máis e máis detalles. Así que creo que temos que ser realistas sobre a situación xeopolítica actual na que nos atopamos agora», alertou o comisario europeo de Océanos Virginijus Sinkevicius.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha