Bruxelas recomenda abrir o proceso de adhesión de Ucraína

«Hoxe é un día histórico, hoxe a Comisión recomenda a apertura das negociacións de adhesión con Ucraína», defendeu a presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen durante unha rolda de prensa en Bruxelas. Ucraína dá un paso adiante no seu camiño por pertencer á Unión Europea.  Bruxelas ve avances nos pasos que establecera para que o país puidese iniciar as conversacións de adhesión e recomendou aos países da UE que dean a súa visto e prace. Dos sete pasos crave detallados pola Comisión Europea, Ucraína non conseguiu aprobar catro deles.

Esta é a primeira vez que a Comisión Europea deu luz verde a conversacións formais de adhesión antes de que un país cumprise plenamente todas as condicións previas, pero a actual guerra de agresión de Rusia contra Ucraína deu un sentido de urxencia no tradicionalmente lento proceso de aprobación de novos membros da UE.

Segundo a Comisión, o traballo técnico podería comezar «inmediatamente» unha vez que os líderes da UE apoien as conversacións para que o marco de negociación -a folla de roteiro para as negociacións- poida adoptarse rapidamente unha vez que Ucraína e Moldavia finalicen as reformas pendentes. A Comisión di que poderá informar sobre o progreso na finalización desas reformas en marzo do próximo ano.

A presidenta da Comisión Europea destacou que o proceso segue baseándose no mérito e que non se pode dar unha «data fixa» para a membresía plena. “A ampliación é unha política vital para a Unión Europea. Completar a nosa Unión é o chamado da historia, o horizonte natural da nosa Unión», afirmou.

«As ampliacións pasadas demostraron os enormes beneficios tanto para os países candidatos como para a UE. Todos gañamos», engadiu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha