A Comisión Europea está preocupada pola situación de bloqueo que atravesa a xustiza española. O Comisario europeo de Xustiza, Didier Reynders, cre imprescindible que se renoven os órganos de goberno dos xuíces.
Desde fai máis de tres anos, o Consello Xeral do Poder Xudicial está en funcións por mor dunha disputa política que enfronta ao goberno e á oposición. Unha situación que Reynders cualificou de «anómala». Os representantes das principais asociacións de xuíces españois foron recibidos polo comisario de Xustiza en Bruxelas. Pedíronlle que medie no conflito, que tal e como están as cousas debe dirimirse no Parlamento español.
Ninguén cuestiona a necesidade de renovar o sistema para acabar con esta politización, pero non hai acordo sobre o cando e o como. E aínda que de momento non se fala de sancións, o tema saíu a colación durante a reunión.
