Segundo o primeiro ministro de Bulgaria, Nikolai Denkov, o seu país é refén da ampliación de Schengen. Denkov afirmou este xoves que Bulgaria cumpriu todos os criterios da UE para incorporarse á zona de libre circulación, pero que algúns Estados membro, como Austria, seguen bloqueando a súa entrada no espazo Schengen.
«Cando me reunín co chanceler [Karl] Nehammer en Austria, deixoume moi claro que neste momento non ten ningún problema con Bulgaria e Romanía», apuntou o primeiro ministro. «O seu problema é como está a funcionar o espazo Schengen en xeral. Así que esto é máis ben unha discusión entre Austria e a Unión Europea, que entre Bulgaria e Austria», lamentou. «Por suposto, nós somos as vítimas desta situación. Nós, como dixen hoxe, sentimos un pouco/pouo como reféns nesta situación. Espero que en decembro haxa unha evolución positiva», desexou o búlgaro.
