Buño acolleu unha multitudinaria festa da Mikaela

Miles de mozos/as e non tan novos déronse cita este sábado en Buño para celebrar unha nova edición da Mikaela. Estaba todo ben preparado e controlado por parte de organización Amijos da Mikaela e a colaboración do Concello de Malpica co único contratempo do falecemento por causas naturais de Chicha Gago, do popular restaurante Canta la Rana, iso obrigaba por respeto á familia a variar un pouco o tradicional percorrido dado que era habitual a comida e saída da comitiva da zona de aparcamento do propio restaurante e que ao final se realizaba desde o campo de fútbol.

Os fieis a esta celebración foron enchendo ás rúas de Buño acompañados dun día espectacular, climatolóxicamente falando, sen vento e con sol, ademais este ano cun plus de seguridade en vídeo vixilancia, controlado por un Posto de Mando Avanzado mediante unha empresa contratada, que segundo explicaba o concelleiro de Seguridade Cidadá, Roi Mato, a instalación destas cámaras é algo ao que obriga a normativa en eventos de máis de 5.000 persoas.

Entre a multitude de disfrazados, con vestimentas de todo tipo, coábanse os megawatios dos escenarios móbiles e do bus central que foi facendo o percorrido con parada na Plazoleta e na zona da Igrexa onde tivo lugar xa preto de as nove da noite a tradicional misa cantada oficiada por Diego Moreira da orquestra Panorama e o Pai Roy. Acto seguido procedíase á queima da Mikaela e clausurábanse os actos na travesía do centro ás dez da noite.

A festa non terminaba aí, dúas carpas situadas detrás do consultorio, na zona da Camposa, ofreceron dous recintos, un Main e outro Techno, onde os djs Dani Moreno (El Gallo), Dani BPM, Charlie, Roy, David Correa, Jossi, Drewkorme, Dani Villa e Brais Pazo, picaron un amplo repertorio musical ata altas horas da madrugada.

Related posts

Ponteceso celebrará en maio a primeira Festa do Maior

Vieiro manterá activo ata o mes de maio o programa ‘Protego’

A Garda Civil detén a un home como presunto autor dun delito de furto en Arteixo