Buño, Cances, Baldaio e Caión repártense 250.000 euros do Cuponazo da Once

O Cuponazo da ONCE repartiu este pasado venres 250.000 euros en varias localidades da provincia da Coruña, en 10 cupóns premiados con 25.000 euros cada un. Segundo informou a ONCE nun comunicado, a vendedora María Élida Rojo Camafreita foi a «man inocente» que entregou os cupóns premiados no seu roteiro de venda por Buño, Cances, Baldaio e Caión. O Cuponazo deste venres repartiu máis de 12 millóns de euros entre localidades de oito Comunidades Autónomas, e deixou o premio maior, nove millóns de euros, no hospital Son Llàtzer de Palma de Mallorca.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha