As tarefas de procura de Anna, unha das dúas nenas desaparecidas en Tenerife xunto ao seu pai continúan, en plena conmoción social despois de que os equipos de rescate achasen o corpo da súa irmá maior, Olivia tras máis de seis semanas. A autoridade xudicial confirmou que a toma de pegadas practicada ao cadáver rescatado permite afirmar xa sen lugar a dúbida algunha que o corpo é o da pequena Olivia. Dúas patrulleiras da Garda Civil aproximáronse ao buque oceanográfico Ángeles Alvariño que rastrexa a zona onde foi achado o cadáver de Olivia cun radar, polo que podería haber novos datos. Anna e Olivia, dun e seis anos, desapareceron o pasado 27 de abril xunto ao seu pai. Unha desaparición que foi catalogada de «alto risco» e que nun primeiro momento se investigaba como un posible delito de secuestro. A nai das nenas denunciara ante a Garda Civil que a súa exparella a chamou para dicirlle que non ía velas máis, nin a el tampouco.
54