Localizados con vida os tres pescadores desaparecidos en Carnota

Twitter Salvamento Marítimo

O equipo de rescate de Salvamento Marítimo localizou pasadas as nove da noite deste sábado ás tres persoas desaparecidas desde a tarde do venres na zona do Pindo, en Carnota, despois de que non regresaran ás súas casas tras saír a pescar nunha planeadora. Foron os propios familiares das vítimas os que alertaron do suceso ao equipo de Salvamento Marítimo.

Desde o 112 Galicia púxose en marcha un operativo no que participaron o Servizo de Gardacostas de Galicia, axentes da Garda Civil, da Policía Local e membros de Protección Civil de Carnota, Dumbria e Cee.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha