Buscan a un home de 69 anos desaparecido no porto de Betanzos


O home desapareceu arredor das 8:30 horas deste luns. Ten 69 anos e os primeiros indicios apuntan a que acabou no río Mandeo na zona do Porto de Betanzos. O can co que paseaba habitualmente permaneceu alí ata que foi localizado dúas horas despois.

As cámaras de seguridade do porto rexistraron a súa entrada pero non a súa saída. A filla está segura de que por algún motivo estraño acabou na auga onde o can o viu desaparecer.

Tras o dispositivo de busca iniciado por membros de Protección Civil coa súa lancha, este martes incorporouse o servizo marítimo, un helicóptero e tamén axentes do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil.