Localizan sen vida ao home de 86 anos desaparecido no Couto, en Ponteceso

Foto de Gerardo_Cedida.

Trátase de Gerardo Corral Corral, un home de 86 anos ao que se lle perdeu a pista este xoves. Foron os seus familiares os que se decataron da súa ausencia preto do mediodía deste xoves. Intentando localizalo polos arredores do lugar, pero sen éxito.

Foi na mañá deste venres cando desafortunadamente, ao fío das 12 horas do mediodía, os servizos de emerxencia desprazados informaban ao 112 Galicia da localización do corpo sen vida do home nunha zona pantanosa a un quilómetro aproximado do seu domicilio.

As forzas da orde puxeran en marcha un operativo de busca. Así, a partir de aí, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de Ponteceso, dos axentes da Policía Local e dos membros de Protección Civil. Cabe destacar, que a este operativo tamén se sumou a Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha