Coristanco | Agride á súa parella con arma branca e dáse á fuga

1 minutes read
Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Unha muller resultou, presuntamente, ferida pola súa parella en Coristanco na tarde deste xoves, ao parecer cunha arma branca. Tras unha discusión a vítima saíu da vivenda onde reside no lugar de Centiña e foi presuntamente atacada cun coitelo que lle provocaría graves feridas. Tras pedir axuda malferida en casa duns veciños a muller esborrallouse. Dada a voz de alarma ás forzas de seguridade o presunto autor deuse á fuga por un monte próximo, sendo detido máis tarde na veciña parroquia de San Paio. A vítima foi evacuada en helicóptero ao hospital. Ao lugar acudiu a Garda Civil de Carballo, Policía Local e Protección Civil de Coristanco.