Buscan a un madrileño desaparecido en Muxía

1 minutes read

O home, de 60 anos de idade, pasaba uns días na vila da Barca e dende o pasado martes non se sabe nada do seu paradoiro. Tiña como aloxamento un apartamento no centro da vila e o seu coche foi localizado na contorna da praia dos Muíños, en Moraime. A Garda Civil emitía un comunicado na mañán deste xoves informando de que tres patrullas da zona e o capitán da compañía de Carballo, xunto con Protección Civil e a Policía Local, rastrexan a zona de costa para tratar de dar co seu paradoiro. A súa familia interpuxo a denuncia por desaparición en Madrid, de ahí a montaxe deste operativo de búsqueda.