Buscan a un pescador que caeu ao mar en Valdoviño

Praia de Baleo_Turismo de Galicia

  • O suceso produciuse na mañá deste martes e os equipos de rescate están centrando a busca nunha zona rochosa

Os servizos de emerxencia rastrexan as proximidades da Praia de Baleo, en Valdoviño, na procura dun pescador que desapareceu ao caer á auga sobre as 09:45 horas deste martes.

Foi un compañeiro do desaparecido quen deu conta do ocorrido ao 112 Galicia e, a partir de aí, púxose en marcha un operativo no que participan Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron dous helicópteros de rescate. Tamén están a colaborar na busca axentes da Garda Civil e Policía Local, voluntarios de Protección Civil de Valdoviño e persoal médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Arestora, os equipos de rescate centran a busca na marxe dereita do areal, concretamente nunha zona rochosa, onde podería atoparse o pescador.