Buscan a un veciño de Carballo polo roubo en tres xoierías de Ordes, Santiago e Santa Comba

1 minutes read

A Garda Civil busca un veciño de Carballo de 35 anos e con varios antecedentes penais. Está acusado de atracar presuntamente tres xoierías, a última delas este mesmo mércores na céntrica Rúa do Horreo, en Santiago de Compostela.

As forzas de seguridade xa estiveron a piques de retelo fai uns días preto da parroquia carballesa de Entrecruces, tras un roubo cometido en Ordes, pero conseguiu fuxir esquivando os controis policiais establecidos na zona.

Polo modo de actuar todo apunta a que o mesmo home que tamén busca a Garda Civil por outro roubo máis en Santa Comba co mesmo modus operandi.

Entra no local pedindo ver varios produtos de ouro e utiliza gas pementa sobre os empregados para despois levar os mostrarios e fuxir rapidamente en vehículos roubados. Está plenamente identificado, foi captado polas cámaras de seguridade, dado que nos 3 asaltos actuou a cara descuberta.