Trátase de Antonio Tuñas, de 72 anos, ao que veciños, familiares e autoridades tratan de localizar sen éxito dende o pasado xoves día 15. O coche, co que un veciño o viu saír da casa, apareceu abandonado este sábado pola tarde no centro de Carballo, a 40 minutos do seu domicilio. A súa familia sospeita que outra persoa podería ser o que o conducía cando o deixaron alí. “el non fumaba e estaba cheo de cinza o borralleiro. Levaba o asento botado cara adiante para chegarlle aos pedais, pero o asento estaba botado cara atrás”, conclúen.A Garda Civil rexistrou o vehículo e non atoparon indicios de violencia. Hai dúas testemuñas que din que o día da desaparición viron a Antonio desorientado en dous lugares distintos: en Padreiro, no concello de Zas, moi preto da súa casa, e nunha cafetería de Carballo, situada a pouca distancia de onde apareceu o coche. Os seus achegados din que Antonio levaba unha vida normal e que nunca tivera problemas de memoria.