40
- O señor, veciño do Lugar de Romelas, foi visto por última vez por unha veciña sobre as 20:00 horas deste sábado
O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) colabora coa Garda Civil na busca dun octoxenario desaparecido na noite deste sábado en Boimorto.
Segundo explicou ao 112 Galicia unha persoa particular, o home é do Lugar de Romelas e foi visto por última vez por unha veciña sobre as 20:00 horas.
No operativo de busca colaboran tamén a Garda Civil, os drons da AXEGA e voluntarios de Protección Civil de Boimorto e de Arzúa.