54
O desaparecido é veciño do lugar, ten arredor de corenta anos, está a tratamento psiquiátrico e ten unha incapacidade recoñecida. Os medios de busca afánanse para dar co seu paradoiro, pero a gran cantidade de camiños e a frondosidade do monte póñeno difícil. Na súa busca participa a Garda Civil, Protección Civil, gardas forestais, veciños e voluntarios, ademáis tamén houbo un helicóptero do 112.