Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional están a cooperar nunha investigación conxunta para tratar de identificar, localizar e deter os membros dunha banda de falsos vendedores de coches que actuaron polo menos en catro ocasiones en Galicia, tres veces en municipios da provincia de Lugo e unha na de Ourense.
Fontes policiais informaron de que todos os indicios e probas solicitadas ata o momento polos investigadores de ambos os corpos apuntan a que os autores destes violentos roubos son os mesmos. «Todos as investigacións que realizamos ata o de agora apuntan a que os catro casos están relacionados», sinalan os mesmos informadores.
De feito, «o modus operandi é o mesmo», porque nos catro casos que están a ser investigados os falsos vendedores citaron as súas vítimas «no arrabalde dos núcleos de poboación» e, nada máis establecer contacto con elas, o primeiro que fixeron «foi quitarlles o teléfono móbil».
Con esa forma de proceder, precisan, asegúranse de que «terán tempo suficiente para fuxir do lugar do roubo» e «cando as vítimas teñen posibilidade de dar aviso, probablemente eles xa están lonxe».
A mesma fonte tamén lamenta a falta de prudencia das propias vítimas ao acudir a unha zona apartada para atoparse con xente á que non coñecen de nada e cunha «gran suma de diñeiro en efectivo», cando hoxe en día hai formas de pago moito máis seguras, sosteñen.