Segundo parece, algunhas das persoas que o viron caer intentaron rescatalo pero foi imposible porque o río baixa con moita auga e a corrente é moi forte. Na súa busca participaron efectivos de Protección Civil, Garda Civil e Policía Nacional, e incorporáronse efectivos da Axencia Galega de Emerxencias con drons e un vehículo anfibio, na zona da Barciela. Tamén se achegou ao lugar unha ambulancia logo de que a policía recibira unha chamada alertando da localización dun corpo. Pero resultou ser unha falsa alarma.