O protocolo no que traballa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inclúe todas as medidas de prevención xa establecidas para o transporte público, como o uso da máscara, do xel hidroalcólico ou a desinfección entre un e outro traxecto. Ademais, os escolares e o resto de usuarios van ocupar espazos diferenciados. Segundo explicou a conselleira, Ethel Vázquez, uns irán na parte traseira e outros na dianteira. Cada grupo entrará e sairá pola porta que lle corresponda, e tamén haberá quendas de acceso, así que os alumnos son os primeiros en subir e baixar do autobús. A consellería e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ultiman os detalles deste protocolo de seguridade, coa previsión de presentalo a patronais e sindicatos do transporte nos próximos días.
43