Atopan en bo estado a muller desaparecida na Coruña

A última hora deste mércores atopaban en bo estado a muller de 75 anos que desaparecera na Coruña. María Vicenta López Benítez faltaba dende este martes. Trasladárona ao hospital para facerlle un recoñecemento médico.

A Asociación SOS Desaparecidos emitira unha alerta para a súa búsqueda. María Vicenta é de complexión delgada, ten o pelo e os ollos castaños e leva gafas ademais de padecer alzhéimer. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha