A produtora galega Miramemira, moi coñecida por estar detrás do filme «O que arde» de Oliver Laxe, está buscando rapazas e rapaces da Costa da Morte, que falen galego e que teñan entre 12 e 16 anos para a rodaxe dunha película.
Quen esté interesado pode anotarse enviando un correo electrónico a ayudantecasting@conchiglesias.es. Será obrigatoria a autorización por escrito dos titores legais para a asistencia ás probas, que se realizarán baixo as pertinentes medidas sanitarias.